Mais de 70 membros da Unión de Editoriais Universitarias Españolas (UNE) celebraron en Vigo a sua asemblea anual do 12 ao 14 de Novembro de 2009. Un completo programa de ocio e turismo desenvolveuse para o goce dos participantes que tiveron a ocasión de visitar baixo a tutela dunha guía turística a cidade e os seus arredores así coma de participar na recepción ofrecida por o Alcalde no Museo Municipal de Vigo Pazo Quiñones de León.
Exposición da Reconquista de Vigo
Exposición na que se puideron admirar obxectos e documentos referentes a Reconquista da cidade ata o de entonces nunca vistos. Todas as pezas proveñen de algúns dos máis prestixiosos museos nacionais coma o Museo Naval de Madrid, o Arquivo Histórico Nacional, o Museo Militar Rexional de A Coruña, e o Museo Diocesano de Vigo-Tui.
E-Fishing
2º Simposio internacional en eficiencia enerxética dos buques pesqueiros. Este simposio pretender ser un foro onde os expertos presentarán os últimos avances en investigación e desenvolvemento destinados a mellorar a eficiencia enerxética dos buques pesqueiros e os sistemas.
Primeiro Congreso Internacional sobre a Reconquista de Vigo
No segundo centenario da ”Reconquista”, Vigo acolleu este Congreso que pretendía axudar a interpretar os motivos e consecuencias, a transcendencia en definitiva deste acontecemento, no marco das guerras napoleónicas e das transformacións sociais, políticas e económicas que afectaron a Europa no albor do século XIX.