MUESTRALO ofrécelle o seu coñecemento sobre Vigo, as Rías Baixas e sobre cada recuncho de Galicia para programarlle excursións e visitas para os congresistas e os seus acompañantes. Antes do evento, durante ou unha vez finalizado, pomos á súa disposición unha ampla oferta de actividades. Para iso dispomos de guías oficiais, visitas guiadas ás principais cidades de Galicia, rutas gastronómicas, oferta de espectáculos, contratación de grupos de música. Entre as actividades que Vigo e os seus arredores poden ofrecer destacan: Lugares con encanto e interese cultural: Casco Vello de Vigo, Miradoiro da Guía, Castelo Soutomaior, Paseo de Samil, Fortaleza de Baiona, Catedral de Tui. Museos: Museo Quiñones de León, MARCO, Museo do Mar, VERBUM, Santa Tegra. Visitas en barco: Illas Cíes, Illa de Ons, Illa de San Simón, zonas de marisqueo. Termalismo: Talaso?Atlántico, Balneario Mondariz, A Toja. Golf: Meis, Domaio, Mondariz, Illa da Toja. Natureza e Gastronomía.

Ruta Celta de Golf

As Rías Baixas dispoñen de 4 campos de golf, 3 deles de 18 hoyos. Todos eles sitúanse en paraxes de espectacular beleza, que lle permitirán combinar a práctica do seu deporte favorito co goce da natureza de Galicia. Ofrecémoslle como complemento, actividades de tempo libre como o termalismo, xunto a unha coidada selección de restaurantes onde gozar da famosa gastronomía galega.

Ruta de Pazos

Os Pazos constituen o máis significativo do patrimonio cultural galego xunto cós mosteiros, algunhas parroquias e certas ermitas. O Pazo é un palacio rural galego, que ten o seu apoxeo nos séculos XVII ao XIX como consecuencia das necesidades de administración e defensa de amplos territorios señoriais. Galicia posúe unah rede de Pazos moi ampla, moitos ubicados na montaña outros na costa pero todos dentro dun entorno incomparable.

Os Cañóns do Río Sil

A Ribeira Sacra atópase repartida entre o sur da provincia de Lugo e o norte da de Ourense. Nela sitúanse todos os concellos das periferia dos canóns do Miño e do Sil. A zona recibe este nome debido á gran cantidade de ermidas e mosteiros que desde o S. V comezaron a construírse nos vales do Miño e do Sil. Ambos ríos foron formando profundos canóns que nas zonas máis abruptas do Sil acadan incluso os 500 metros de profundidade. Para percorrer estas paraxes de incrible beleza natural hai varios catamaranes que percorren diferentes zonas de ambos ríos.

O triángulo do Arte en Vigo

A céntrica mazá formada polas rúas Policarpo Sanz, Colón e Príncipe forman o Triángulo da Arte vigués, xa que concentra por metro cadrado unha das maiores ofertas culturais de España. O tópico de considerar a Vigo como cidade meramente industrial se vén embaixo ao percorrer estas tres rúas do centro da urbe, nas que nos podemos empapar de cultura da man de diferentes museos e fundacións.

Ruta de Viños

Galicia é hoxe uns dos principais destinos relacionados coa tradición milenaria do viño. Con 5 denominacións de orixe, dispón dunha sen fin de rutas coas que gozar de espectaculares bodegas, situadas en marcos incomparables que lle trasladarán a épocas remotas onde naceu o culto ao viño. MUESTRALO ofrécelle un variado programa de rutas e visitas conferccionadas especialmente para vostede.