Feria Internacional de la Industria Naval
Abriu as súas portas en Vigo por primeira vez o 23 de Maio de 2006 co fin de dar a coñecer o potencial do noso sector naval e flota pesqueira dándolle unha dimensión europea e internacional. A Feira presentouse como unha oportunidade para desenvolver actividades formativas e divulgativas relacionadas co Sector Naval e para dar a coñecer a nosa cidade aos seus visitantes mostrándolles os aspectos lúdicos e culturais cos que conta. A segunda edición vense de celebrar os pasados 20 ao 22 de maio do 2008, con máis de 400 firmas e 20.000 visitantes profesionais, converténdose na primeira feira do sector naval en España situándose entre as 4 primeiras do mundo.
